Os hostaleiros tramitan 2.000 reclamacións por perdas pola covid
Publicado o 16/03/2021 15:33
O sector da hostalería volve mobilizarse, esta vez diante do Tribunal Supremo. Quixeron visibilira os datos da pandemia. Din que supuxo o peche de 100.000 establecementos e unhas perdas de 70.000 millóns de euros. As consecuencias tamén se reflicten no emprego e xa se perderon 750.000 postos de traballo.
E o peor é que o sector aínda non ve o final do túnel. Considera insuficientes as axudas aprobadas polo Goberno central a semana pasada.
José Luis Izuel, presidente de Hostelería de España, pedía que se modifique o real decreto para facer máis viable o acceso a elas.