Os hostaleiros xa poden pedir axudas para a instalacións e mellora de terrazas
Publicado o 03/12/2020 15:36
Os propietarios dos locais xa dispoñen desde hoxe dunha liña nova de axudas. Son cartos que a Xunta pon á súa disposición para instalar ou mellorar as terrazas e para adaptarse ao servizo a domicilio.
Esta nova liña de axudas destinase a adecuar os espazos exteriores e para adquirir elementos de envasado de comida e bebida. Son 3 millóns de euros que se distribuirán en axudas que van dende os 1.200 euros ata os 20.000 por negocio. Apoios económicos que se suman ao plan de rescate dotado con 84 millóns e os novos préstamos brandos.
A Administración autonómica agarda que o Goberno central se sume co seu plan nacional á liña de cooperación establecida entre o sector e a Xunta.