CRTVG

Buscar

Os hostaleiros recorren ante a Audiencia Nacional os pregos do Imserso

Publicado o 03/09/2019 15:55

As axencias están tranquilas porque ata mediados de setembro non comeza a fase de elección dos destinos e que non é a primeira vez que estas viaxes están no aire. Algúns clientes están, iso si, pendentes da data de venda, pero que son testimuñais. Recordan, iso si, que a campaña que dura ata xuño, empeza a operar sempre en outubro.

Segundo se queixan os hostaleiros, a actual formulación do programa Imserso obriga os hoteis a traballar a prezos por debaixo do custo real do servizo, algo que, segundo indican, non se pode admitir nun procedemento de contratación pública.

Con este recurso que se presentou onte na Audiencia Nacional, os hostaleiros solicitan a reelaboración dos pregos de condicións do programa de vacacións do Imserso para que inclúan o custo real do servizo.

De todas formas, este recurso non paraliza o programa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019