CRTVG

Buscar

Os hostaleiros presentan un plan para reabrir antes do 4 de decembro

Publicado o 25/11/2020 14:55

Cando faltan 10 días para que se levanten as restricións que afectan a hostalería en boa parte de Galicia, no sector xa non aguantan máis. Din que a sua situación é crítica e presentáronlle un plan á Xunta para que lles permitan reabrir xa. Propoñen pechar ás 5 da tarde e limitar os grupos a 6 persoas non conviventes. Poríase en marcha de xeito experimental na Coruña e, se os datos son satisfactorios, ampliaríase ao resto da comunidade.

Os hostaleiros composteláns propoñen outro plan de desescalada que inclúa máis medidas de seguridade nos locais. Entre elas: a instalación de medidores de CO2 para controlar a carga vírica nos interiores, equipos de ventilación mecánica nos lugares onde non sexa posible a natural, promover os espazos exteriores, que se faga un rexistro de clientes nos restaurantes e se recomenden estadías curtas nos interiores dos locais.

Uns e outros apelan aos datos: aseguran que só o 3 e medio por cento dos cotaxios se produciron na hostalería e que, pola contra, a maioría rexístranse en reunións privadas ao pechar os bares. 

Os hostalerios agardan que o comité clínico analice as súas propostas e lles dea luz verde.

Noticias web

25/11/2020