CRTVG

Buscar

Os hostaleiros impugnan o concurso do Imserso

Publicado o 22/05/2019 15:12

Os hostaleiros impugnan o novo concurso do Imserso. Ao sector non lle dan as contas e pídelle ao Goberno central que negocie con eles un novo prego. Advirten que moitos hoteis do programa pecharán as portas a mediados de outubro porque, segundo din, de seguir adiante a proposta actual, traballarían por debaixo do custo. 

Os hostaleiros advirten sobre a próxima campaña de viaxes do Imserso: "Moitos manifestaron que, se non hai un acordo duns novos pregos e revisar as condicións, van pechar os hoteis o 15 de outubro", di o presidente da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos, Juan Molas. 

Fala dos 350 establecementos do programa de Turismo Social. Ofertan 900.000 prazas e xeran 12.000 empregos en temporada baixa, segundo a patronal. Cos requisitos do novo concurso, din, traballarían en perdas.

"O descoñecemento das persoas que redactaron estes pregos. Non das leis do Estado. Si do sector hostaleiro é maiúsculo. Non atenderon ningunha das nosas suxestións", asegura Molas.

Os hostaleiros reclaman suspender a nova licitación e negociar coa ministra en funcións Reyes Maroto, un novo acordo. Se non hai tempo, avogan por prorrogar o actual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019