CRTVG

Buscar

Os hostaleiros galegos chegan a Madrid arroupados por empresarios de toda España

Publicado o 21/12/2020 14:36

Rematou en Madrid a marcha iniciada o 7 de decembro por once hostaleiros de Pontevedra, Marín e Poio que piden un plan de rescate para o sector, duramente afectado pola covid.

Alí, na capital sumáronse empresarios de toda España. Diante do Congreso reclamaron axudas directas e poder traballar.

Foi unha peregrinación de Pontevedra a Madrid con frío, chuvia e burbullas nos pés. Nada doado, pero iso xa o sabían: "As feridas que teñen as nosas empresas son moitas máis grandes e dolorosas que este camiño", din.

Deron visibilidade á causa que non é outra que evitar o peche dos seus negocios. Reclaman xa axudas directas desde as administracións, "axudas directas a fondo perdido e non a partir de agora, senón dos nove mes que levamos padecendo esta situción".

Arroupados especialmente aquí, en Madrid, onde recibiron os 11 hostaleiros galegos coma heroes. Pero eles din que de heroes non teñen nada. "O que estamos pedindo é o noso, que nos deixen traballar".

O mesmo que piden empresarios do País Vasco, Cataluña ou Asturias... Pequenos negocios que suman forzas para seguir vivos despois da pandemia. Así llo dixeron os grupos políticos con representación no Congreso onde se hostaleiros galegos se descalzaron para rematar a protesta.


 

Noticias web

21/12/2020