CRTVG

Buscar

Os hostaleiros, "fartos de pagar os pratos rotos" da pandemia

Publicado o 09/02/2021 17:04

Estes rómpenos de forma voluntaria. Amosa así o sector hostaleiro o seu malestar. A pandemia, aseguran, cebouse neles. E séntense criminalizados por restricións que en moitos casos consideran inxustificadas.

Este xoves o sector presentará ante o Ministerio de Industria as primeiras 50 demandas por perdas provocada polo estado de alarma. Cífranas en 70.000 millóns de euros dende o comezo da pandemia. Situación que leva emparellada o peche de 85.000 bares e restaurantes. 360.000 traballadores están nun ERTE e outros tantos postos de traballo xa se perderon de forma definitiva.

O sector considera que cumpriu con todas as medidas que lles esixiron. Agora queren que, como noutros países europeos, o seu esforzo e sacrificio se vexa recompensado con axudas directas por parte do Estado.








 

Noticias web

09/02/2021