CRTVG

Buscar

Os hostaleiros fan campaña para animar a xente a adiantar as ceas

Publicado o 30/10/2020 14:45

Con vistas a unha fin de semana que noutras datas estaría marcada polas xuntanzas familiares en bares e restaurantes, o sector da hostalaría lanza unha chamada de auxilio aos consumidores.

As limitacións de mobilidade e as duras restricións están a dificultar a súa supervivencia, por iso solicitan un pequeno esforzo aos consumidores. 

Somos unha sociedade de costumes, pero dende os restaurantes están introducindo novas iniciativas e xa notan que a xente está tratando de adiantar os encontros nos bares. 

Os hostaleiros son os principais interesados en garantir o cumprimento das normas, para ofrecer un servizo seguro e solicitan máis flexibilidade horaria. 

Noticias web

30/10/2020