CRTVG

Buscar

Os hostaleiros, satisfeitos co arranque da desescalada tras dous días coas terrazas cheas

Publicado o 27/02/2021 22:18

A hostalería pechou ás seis da tarde logo dun día de actividade intensa. As terrazas estiveron cheas dende media mañá. O tan agardadado aperitivo cos amigos finalmente chegou. E chegou con sol e temperaturas primaverais en boa parte de Galicia, nesta primeira fin de semana da desescalada.

"Un café cos amigos sempre senta ben e máis con estas temperaturas que hai en Santiago, despois de tanto tempo cos bares pechados hai que botarlles unha man". Imos interrelacionarnos con amigos un momentiño e volver para a casa, como estamos acostumados xa. "Se facemos ben as cousas poderemos gozar disto máis tempo e sen máis peches", comentan varios clientes.

Con ese obxectivo, os axentes da Policia Nacional e Local informan os clientes e vixían o cumprimento das normas. Un control ao que tamén se ven obrigados os propios camareiros.
" Hoxe todo o mundo polo momento está pondo a máscara, máis que nada porque están dando toques os policías e están controlando todas as terrazas. "A verdade é que xa é bastante molesto, porque levamos un ano con isto e que haxa que estar lembrándolles a algunhas persoas que poñan a máscara ou que non se pode fumar...", di un camarareiro.
Logo dun mes pechado, o sector colle con ganas a volta ao traballo, pero tamén con preocupación.

"Nos nosos negocios a xente está controlada pero temos preocupación do que pasa ás seis da tarde que moita xente se segue reunindo e aí e onde deberan controlar máis porque se nós poñemos da nosa parte pero se despois a xente non responde, non vale de nada", explica un hostaleiro.

Os hostaleiros confían en que tras esta apertura, coa metade das mesas nos espazos exteriores e un trinta por cento no interior dos locais, continúe a desescalada e o sector comece a remontar.

Noticias web

27/02/2021