CRTVG

Buscar

Os hostaleiros esperan manter as cifras de ocupación en agosto

Publicado o 29/08/2019 13:59

Últimos días de agosto e con eles regreso ao traballo para moitos. Neste ir e vir de turistas e á espera dos datos oficiais, o sector confía nas reservas de última hora que chegaron as dúas últimas semanas, acompañadas do bo tempo.

Rita Sobrado, vicepresidenta da Asociación de Hostalería de Santiago: "Os datos que pedimos a primeiros de agosto eran un pouco inferiores aos do ano pasado. Confiamos nas reservas de última hora para que os datos superen o 80%, como é de costume".

Dende o Clúster de Turismo de Galicia confían en manter os resultados de ocupación do ano pasado na comunidade, grazas, en parte, aos bos datos rexistrados na ponte de agosto. Destacan destinos como a Ribeira Sacra, Vigo ou as Rías Baixas, con valores entre o 85 e o 95%. En zonas do interior, como Compostela, na afluencia de turistas tivo que ver o tempo.

Rita Sobrado, vicepresidenta da Asociación de Hostalería de Santiago: "Había moita xente pola rúa, influenciada polo mal tempo nas costas, e iso favoreceu moito a Santiago".

Con setembro chegará un novo tipo de turismo, internacional e de estadías máis longas. Mentres, os esforzos do sector seguirán dedicados a intentar mellorar a estancia media e mais o gasto por viaxeiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019