CRTVG

Buscar

Os hostaleiros, encantados con este bo tempo que multiplica a rendibilidade das terrazas

Publicado o 25/03/2019 14:50

Co sol no alto, temperaturas por riba dos vinte graos e terrazas por boa parte da cidade, a primavera vívese estes días en Galicia a pé de rúa.

En Ourense, durante a fin de semana pasada, e sobre todo a horas punta, por momentos mesmo chegou a ser complicado atopar un sitio libre.

A primavera entrou con forza en Galicia. Este bo tempo, din os hostaleiros, é todo un agasallo para unha época do ano en que o frío e a chuvia acostuman ser protagonistas.

E o certo, din, é que este bo tempo axuda non só no sector da hostalería, senón ao turismo en xeral.

Semella que este bo tempo aínda nos vai acompañar durante os próximos días. Unha boa nova para os hostaleiros e sobre todo para aqueles que teñan a sorte de desfrutalo en primeira persoa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019