Os hostaleiros de Santiago protestan ante Sanidade polo peche dos seus negocios
Publicado o 11/11/2020 15:13
Os hostaleiros de Santiago manifestáronse este mércores fronte á Consellería de Sanidade para protestar polo peche dos seus negocios, que consideran inxusto.
Din que as axudas da Xunta son insuficientes e non abondan para compensar as perdas, e piden que se lles permita abrir os establecementos se a situación sanitaria mellora, como sucede en Santiago. A hostalería galega prepara unha manfiestación conxunta para o próximo martes.