CRTVG

Buscar

Os hostaleiros de Santiago piden a ampliación do horario de peche das terrazas

Publicado o 12/09/2018 21:25

Os hostaleiros de Santiago queren que se alongue o horario das terrazas para aproveitar o bo tempo que temos neste mes de setembro. 

As temperaturas altas e o sol animan a xente a saír e aproveitar as terrazas antes de que cheguen a chuvia e o frío. De momento, ningún hostaleiro pensa en gardar mesas e cadeiras. Queren explotar ao máximo as terrazas e, por iso, piden que se amplíe o horario, queren pechar ás dúas da mañá, coma no mes de agosto.

O verán está a piques de acabar pero o bo tempo co que comezou este mes de setembro anima a xente a saír e aproveitar o máximo as terrazas, que están ateigadas. Os hostaleiros non pensan en gardar o mobiliario e queren explotar ao máximo este servizo. Por iso, piden que se amplíe o horario de funcionamento ata as dúas da mañá.

"Se está boa noite á hora de recoller todo o mundo protesta, por iso estaría ben poder pechar unha hora máis tarde", di Lopes.

"Estaría ben mentres siga o verán e antes de que chegue o mal tempo".

As terrazas non son só unha demanda dos cidadáns tamén son un atractivo turístico e un beneficio económico para a cidade.

"É positivo, o problema é o ruído para os veciños, pero se se controla ben eu non tería ningún problema". "É un beneficio económico para o comercio local, sen dúbida".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018