Os hostaleiros de Ourense fan balance dun dos mellores entroidos en anos
No sector da hostalería fan balance despois dos días intensos do Entroido. Na provincia de Ourense aseguran que non pode ser mellor. Hoteis e restaurantes colgaron o cartel de completo durante todas os días de festa, mesmo dende semanas antes de que empezara. Din que é un dos mellores entroidos que recordan e que a afluencia vai en aumento cada ano.
Imaxes coma esta repetíronse durante días por toda a provincia de Ourense durante o Entroido. Rúas ateigadas de xente, hoteis cheos, restaurantes sen unha mesa libre e milleiros de visitantes. Dende semanas antes de que comezara a festa os teléfonos non deixaron de sonar para facer reservas.
Notouse, e moito nos bares e restaurantes, e tamén nos hoteis. Coidan que as campañas de promoción do Entroido fixeron efecto e que a festa ten cada vez máis tirón dentro e fóra de Galicia. En localidades como Xinzo da Limia os hosteleiros din que este foi o mellor Entroido dos últimos anos. Unha percepción que se espalla por toda a provincia. Días de troula e festa nos que colgaron o cartel de completo.