CRTVG

Buscar

Os hostaleiros de Ourense e do Val Miñor esixen a reapertura

Publicado o 26/11/2020 21:20

O sector da hostelería volveu a saír ás rúas esta tarde na cidade de Ourense. Unha nova manifestación desde a Praza Maior, para esixir compensacións económicas polos peches derivados das restricións na Cidade das Burgas.

Aseguran que teñen perdida a campaña de Nadal. Os hostalerios consideran que a cidade está pagando máis que o resto porque, din, foron os primeiros en cumprir coas medidas e os peches e que, aínda así, a hostalería segue castigada a día de hoxe.

Din que seguen agardando polas axudas prometidas e piden tamén certezas ante as medidas propostas para pasar as festas de Nadal que se aveciñan.

E esta mañá tamén saían en protesta polo peche dos seus negocios os hostaleiros do Val Miñor. Fixérono nunha caravana de 200 vehículos.

Piden a reapertura dos locais porque defenden que o sector hostaleiro non é foco de gromos.

Din que en Baiona, onde os locais permanecen abertos, o número de casos descende, ao contrario que nos concellos veciños onde medran os positivos malia as restricións. 

Noticias web

26/11/2020