Os hostaleiros de Compostela comezan o mes de agosto con boas perspectivas
Un destino que se consolida a pesar da pandemia é Santiago. Moitos hostaleiros comezan o mes de agosto con perspectivas positivas.
Os operarios retiran o último escenario empregado nas festas do Apóstolo, mentres os turistas e peregrinos agardan para entrar na catedral.
Un grupo atende a explicación sobre o balanceo do botafumeiro que indica que acada os 60 quilómetros por hora en pouco mais dun minuto. Este domingo houbo demanda de visitas guiadas á cidade.
"Hoxe a tope e outros días case non hai xente. Agosto, esta case completo todo", explica un guía.
Predomina o turismo nacional neste comezo de agosto que deixa un bo sabor de boca nos restaurantes que visitamos. Confían en que a cidade se manteña como un dos destinos máis solicitados durante o Ano Santo.