Os hostaleiros da Coruña agardan pechar agosto cunha ocupación superior ao 80 %
Publicado o 30/08/2021 14:46
Remata agosto pero as reservas seguen chegando aos hoteis da Coruña. Non había grandes expectativas ao inicio do verán pero os hostaleiros botan contas e confían en chegar a unha ocupación próxima ao 90 %.
Estes bos datos son posibles grazas á resposta do turismo nacional, principalmente madrileños, cataláns e andaluces que escollen a nosa comunidade atraiados polo clima, a gastronomía e o pulo do Xacobeo.
Con todo, a hostalería fala xa de cifras de ocupación moi similares ás de 2019, previas ao inicio da poandemia. O sector turístico ten agora a vista posta no tempo e na recuperación das viaxes de negocios para poder consolidar estas boas cifras de cara ao outono.