CRTVG

Buscar

Os hostaleiros aplauden a ampliación no horario de peche nos bares e restaurantes

Publicado o 06/05/2021 14:56

Con parte do personal aínda en ERTE, Antonio agarda que a ampliación horaria lle permita recuperar todos os empregados que tiña no seu bar antes da pandemia.

No caso das taperías, onde o peche está fixado ás nove da noite, tamén suporá un balón de osíxeno.

Queren deixar atrás esta imaxe, aumentar a capacidade nas terrazas e no interior dos establecementos suporá un paso importante cara á normalidade. Ás ganas dos hostaleiros súmanse tamén as ganas da xente na rúa.

Sen perder de vista a prudencia, o alivio das medidas na hostalería son unha boa noticia para todos.

Á parte das medidas de seguridade como os medidores de CO2 nos restaurantes ou o rexistro a través do código QR, os hostaleiros inciden no cumpimento das normas sanitarias á hora de gozar dos bares.