CRTVG

Buscar

Os hostaleiros analizan a proposta por niveis de seguridade da Xunta

Publicado o 23/08/2021 09:30

Esta mañá, nova reunión entre a Xunta e os hostaleiros para avanzar nese novo plan que permitiría ampliar ocupación en función das medidas sanitarias do local e non da incidencia.

A xerente da Federación da Hostalería de Pontevedra, Beatriz Carballido, di que "a iniciativa ten a intención de recompensar os hostalerios que cumpren as normas", di. Advirte, con todo, de que "hai medidas que poden prexudicar en vez de axudar, como na distancia de seguridade de 2,5 metros proposto para o nivel máximo". 

Carballido di que o protocolo se mete "en cuestións de organización interna empresarial e non ten que ver con cuestións sanitarias". No nivel máximo establécese unha probas diagnósticas para os traballadores: "Agardamos que as empresas non teñan que custear as PCR", subliña. 

"A hostalería é segura, non ten sentido examinar de novo os hostaleiros", asegura Carballido.   

 

Noticias web

23/08/2021