Os hostaleiros afrontan a fin de semana con dúbidas sobre as medidas sanitarias que deben implantar
Último día de información na hostalería. Mañá remata a moratoria no novo plan de seguridade. Medidas como o código QR serán de obrigado cumprimento nos locais. Moitos ultiman ese novo escenario.
A normativa sanitaria decretada pola Xunta. Obriga os locais a instalar todas as mesas polas que teñen licenza. E marcar as que non se poidan usar.
A partir de mañá, o que incumpra será sancionado. Terán que ter visible a cartelería que indica a ocupación máxima permitida. Encontramos hostaleiros que din que conseguila non está a ser doado e piden comprensión. E outros que xa o teñen todo listo desde o luns. O cartel incorpora un código QR, que os clientes poderán escanear.
A Policía Local velará porque se cumpran as normas. Os clientes só poderán retirar a máscara no momento en que beban ou coman. Sentarán máximo catro non conviventes e queda totalmente prohibida estoutra imaxe tamén de onte: fumar na mesa.