CRTVG

Buscar

O número de hospitalizados por mor da covid sitúase arredor do milleiro

Publicado o 13/02/2021 15:03

A situación nos hospitais vai mellorando, nunhas áreas a maior ritmo ca noutras. E para que se fagan unha idea da magnitude do descenso, imos comparar os datos referidos ás hospitalizacións que ofrece hoxe o Sergas cos da semana pasada.

O sábado pasado, 6 de febreiro, había algo máis dun milleiro de pacientes ingresados por covid. Hoxe son 733. Son 253 ingresados menos. E descende tamén a cantidade de doentes na UCI. Son 29 menos ca hai unha semana.

Por áreas sanitarias, a que notou un maior descenso con diferenza é a da Coruña. Son 89 ingresados menos. Aínda así é a que segue tendo nos hospitais a ocupación máis alta de doentes con coronavirus. Séguelle a de Ferrol, cunha redución de 48 pacientes. Os descensos de Santiago e de Ourense roldan a trintena. Despois sitúase a área de Vigo, que ten 20 hospitalizados menos. As áreas de Pontevedra e de Lugo son as que notan unha baixada menor no número de ingresados. 

 

 

Noticias web

13/02/2021