CRTVG

Buscar

Medicación hospitalaria a domicilio

Publicado o 25/03/2020 21:04

Dúas semanas levan no CHUO coa medicación hospitalaria a domicilio. Todo comeza cunha chamada a cada un dos 1500 pacientes que cada mes precisan algún destes tratamentos.

As destes pacientes son patoloxías crónicas ou máis comprometidas, as que precisan unha medicación específica que só poden recoller nos seus hospitais.

Este servizo, que en Ourense cubre 56 rutas por toda a provincia, funciona tamén noutros hospitais galegos como os da Coruña, Santiago, Ferrol ou Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020