CRTVG

Buscar

O Reino Unido rexistra novo récord de contaxios: máis de 50.000 nun só día

Publicado o 29/12/2020 18:24

• Os hospitais, á beira do colapso

O Reino Unido rexistrou este martes o seu máximo número de contaxios pola covid en 24 horas con 53.135 novos casos, así como outras 414 mortes causadas pola enfermidade, informou o Goberno británico.

A cifra de novas infeccións supera en case 12.000 o récord dun só día, que se alcanzou o luns con 41.385 casos. 

O Goberno británico atribúe este alarmante crecemento, sobre todo, á aparición da nova variante do virus que se está a propagarar a gran velocidade por Londres, polo leste e polo sur de Inglaterra que se atopan no nivel 4 de risco.

Nestas zonas están pechadas as tendas non esenciais, os ximnasios, os cines e os salóns de estética. Ademais, as autoridades pedíronlle á poboación que evite usar o transporte público e quede na casa.

 

Noticias web

29/12/2020