CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os heroes do 'kitesurf': socorreron na praia de Cesantes varios bañistas en perigo

Publicado o 12/06/2017 21:25



Na praia de Cesantes, en Redondela, un grupo de 'kitesurfistas' tiveron que socorrer varios bañistas que quedaran atrapados por unha corrente.

Segundo as testemuñas, varias persoas entraron na auga para salvar unha muller que non era capaz de saír. O problema foi que unha vez no mar, ningún daba nadado ata a area pola forza da corrente e o vento que se levantara. Un grupo de mozos que practicaban kitesurf coas súas cometas correron auxilialos e conseguiron sacalos en pouco tempo da auga. Por sorte ninguén resultou ferido e todo quedou nun susto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

12/06/2017