CRTVG

Buscar

Os guías turísticos galegos impulsan unha app para escoitar as explicacións a través do móbil

Publicado o 17/10/2020 21:01

Deixan o sistema de radioguías e incorporan unha aplicación coas mesmas prestacións pero que evita compartir e intercambiar dispositivos. O turista só necesita o seu smartphone e uns auriculares. Tommi Alvarellos é o presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia: "O compañeiro co seu teléfono xera un código QR e os clientes fotografan ese código e conéctanse. Cada un co seus propio teléfono e os seus propios auriculares pode escoitar a visita".

O sistema asegura a distancia social. O visitante escoitará as explicacións do guía nun radio de douscentos metros. A aplicación é especialmente útil en tempos da covid, pero ademais ten outras vantaxes.

Tommi Alvarellos. Presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia "Grandes grupos, con compañeiros que están falndo moi alto... chega un momento en que mesmo podemos ser agresivos cos habitantes. Por iso xorde a iniciativa de busar un sistema práctico para respectar os habitantes e os outros turistas."

Menos ruído, menos contaminación acústica grazas a unha aplicación que ademais non precisa conexión á Internet. Os guías profesionais poñen o seu grao de area para consolidar Galicia como destino turístico seguro.

Noticias web

17/10/2020