CRTVG

Buscar

Os grupos soberanistas perden unha votación a favor da autodeterminación

Publicado o 10/10/2018 11:37

Na terceira sesión do debate de política xeral que quedara suspendido a semana pasada, durante a votación das propostas de resolución, Junts per catalunya e ERC votaron a favor da autodeterminación. Sumaron 65 votos, os mesmos ca o resto dos grupos. O empate repetiuse en tres ocasións, polo que a proposta foi rexeitada.

En Cataluña, o enfrontamento entre Junts Per Catalunya e ERC deixa os soberanistas sen a maioría no Parlamento. Esta tarde non conseguiron aprobar unha proposta a favor da autodeterminación e outra que reprobaba o rei Filipe VI.

Foi a primeira consecuencia do sucedido horas antes na reunión da mesa da cámara. ERC aliouse co PSC para evitar o voto delegado de Carles Puigdemont e dos deputados presos, suspendidos polo xuíz Llarena, rompendo así o acordado entre os republicanos e Junts Per Catalunya. O partido de Puigdemont segue negándose a designar substitutos e deixa o soberanismo sen a maioría no Parlamento, pasan de 65 a 61 votos.

Desde a Generalitat admiten que, a partir de agora, poden perder votacións importantes e que deberán buscar apoios con partidos non independentistas para seguir adiante adiante coa lexislatura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018