CRTVG

Buscar

Os grupos políticos avalían o goberno de Pedro Sánchez

Publicado o 07/06/2018 20:54

O PP e Ciudadanos advírtenlle a Pedro Sánchez que máis alá dos nomes o importante son os feitos, e repróchanlle a falta dun programa de goberno. Desde Podemos cren que o novo Executivo está feito para contentar a todos os partidos menos a eles.

"Pedro Sánchez sorriulle ao PP e a Ciudadanos, pero tardou 24 horas en esquecerse de quen o fixo presidente do Goberno", di Pablo Iglesias. É o primeiro reproche de Pablo Iglesias a Pedro Sánchez. O lider de Podemos lémbralle ao presidente do Goberno que só ten 84 deputados e que de aquí en diante necesitará pactos para poder gobernar. 

Ao PP e a Ciudadanos preocúpalles sobre todo con quen fará esas alianzas. Os populares piden un debate sobre o estado da nación e que Pedro Sánchez explique os compromisos aos que chegou para ser investido.

"O primeiro que fixo foi apostar polas vellas políticas do PSOE de aumentar co gasto público con 17 ministerios. Necesitamos que veña aquí e que non se esconda, que explique que vai facer", di Rafael Hernando.

"Non coñecemos os plans, o programa, os medios, con quen se vai chegar e a onde", di Girauta. 

Desde o PSOE aseguran que buscarán a estabilidade co diálogo.

"Falaremos con todos os grupos, tamén co PP e con Ciudadanos, porque o que pretendemos é darlle estabilidade  ao Goberno e iso depende do diálogo e do consenso", di Adriana Lastra.

Tanto o PNV como o PDeCat, que apoiaron a investidura de Sánchez, danlle unha marxe de confianza ao novo goberno. Din que o xulgarán polos seus feitos.

Noticias web

07/06/2018