Os grupos do Parlamento aproban o funcionamento da comisión de reactivación económica
Publicado o 19/10/2020 15:40

No Parlamento de Galicia, os grupos aprobaron como vai funcionar a comisión de reactivación económica. Só houbo unha discrepancia respecto ao calendario de traballo.
O PPdeG e o BNG acordaron que rematase en xaneiro. O PSdeG abstívose porque considera que debe durar seis meses. Agora os grupos deben presentar as súas propostas de comparecencias nunha semana.