Os grupos de teatro afeccionado reúnense na Cidade da Cultura en Santiago
Publicado o 10/07/2021 16:36
Os grupos de teatro afeccionado de Galicia ofrecen os seus últimos espectáculos na Cidade da Cultura.É un encontro co que queren celebrar a concesion do Premio da Cultura Galega na modalidade de artes escénicas que recibiron no mes de abril.
Ao longo de todo o día van poñer en escena 15 espectáculos de microteatro de todos os xéneros e estilos. A Federación Galega de teatro Afeccionado creouse hai 20 anos e ten nestes momentos 50 compañías asociadas.