CRTVG

Buscar

Os grupos da oposición de Mos rexeitan acudir ao pleno das facturas falsas

Publicado o 16/07/2019 15:03

A alcaldesa de Mos convocou o pleno cun único punto na orde do día: a falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos. Nidia Arévalo pediu a dimisión do voceiro do grupo municipal de GañaMós e a destititución de toda a directiva da comunidade de montes de Tameiga pola súa presunta relación, dixo, co caso das facturas falsas de auga.

Todos os grupos da oposición rexeitaron participar no pleno. Aseguran que non queren colaborar coa que cualifican de farsa do xuízo paralelo impulsado polo Goberno local. Cren que é unha estratexia para desacreditar os que se opoñen á modificación do plan urbanístico.

A Garda Civil emitiu un atestado polo envío de 5.000 facturas de auga falas e agora o caso chegou aos xulgados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019