CRTVG

Buscar

Os grandes museos de Madrid esgotan as entradas na súa reapertura

Publicado o 05/06/2020 20:24
Os grandes museos de Madrid esgotan as entradas na súa reapertura

Despois de tres meses pechados, o Museo do Prado o Centro de Arte Raíña Sofía e o Thysen abren este sábado as súas portas. Farano con límite de visitas e con moitas medidas de hixiene e con controis de temperatura a todos os visitantes. As dúas primeiras xornadas, as entradas son de balde. A expectación é tal que os tres esgotaron xa as entradas online. Só o Raíña Sofía e o Thysen gardaron unha pequena cantidade para vender no despacho de billetes.

 

Noticias web

05/06/2020