CRTVG

Buscar

Os gobernos autonómicos collen as rendas da desescalada na fase 3

Publicado o 06/06/2020 14:47

Na fase 3 o executivo autonómico convértese na autoridade competente delegada para adoptar, suprimir, modular ou executar as medidas de desconfinamento. Segundo establece o Real Decreto publicado este sábado no BOE, asume o cometido con carácter exclusivo baixo a dirección do presidente do Goberno.

A partir de entón, a Xunta pode decidir, con arranxo a criterios epidemiolóxicos e sanitarios, o momento en que Galicia está en condicións de superar a última fase do proceso de transición. Deste xeito, cada autonomía vai determinar a data de entrada na coñecida como “nova normalidade” e a fin do estado de alarma no seu territorio.

Para esta terceira fase, só se establece unha excepción: a liberdade de movemento. O Real Decreto impide o cambio de comunidade. Pero ábrelle a porta á circulación entre provincias dentro dunha mesma autonomía, sempre e cando chegue a un acordo co Goberno central.

Noticias web

06/06/2020