CRTVG

Buscar

Os gardas civís non poderán levar tatuaxes en zonas visibles

Publicado o 29/09/2021 16:17

A cor do pelo, das unllas, o afeitado ou a maquillaxe. Son aspectos da imaxe persoal que, no caso da Garda Civil, se van recoller nunha modificación da normativa de uniformidade que prepara o Ministerio do Interior, para regular a imaxe da institución ante a sociedade e que tamén inclúe a regulación das tatuaxes.

As tatuaxes non poderán estar en zonas visibles, polo tanto aqueles que as teñan en zonas coma o pescozo, as mans ou a cabeza deberán eliminalas no prazo dun ano.

Desde a Asociación Unificada da Garda Civil denuncian que mesmo hai casos de profesionais que se viron obrigados a tatuárense para infiltrase nalgunha rede delituosa. Din que este real decreto afecta dereitos fundamentais e non se esixe a outros corpos como a Policía ou Defensa.

A posta en marcha desta medida está pendente do ditame do Consello de Estado para a aprobación por parte do Goberno. A Asociación Unificada da Garda Civil advirte de que levará esta obriga ante a xustiza.

Noticias web

29/09/2021