Os gardacostas incáutanse de preto de 3.000 quilos de ameixa procedente de Portugal na A-52
Publicado o 27/02/2020 13:24
Axentes de Gardacostas e da Garda Civil comisaron máis de 2.800 quilos de ameixa xaponesa procedente de Portugal.
Foron incautados nun control de estrada na A-52 en dirección ao Porriño. A ameixa carecía dos correspondentes documentos que avalasen a súa procedencia, non tiña rexistro da venda nin factura. Os axentes inmobilizaron a furgoneta en que ía a mercadoría ao detectar un exceso de peso. Foi entón cando comprobaron que a orixe da ameixa non era lícita.
A Garda Civil levantou acta contra o condutor e contra o propietario da mercadoría.