CRTVG

Buscar

Os gandeiros reclaman unha suba do prezo do leite

Publicado o 02/08/2021 14:22
Os gandeiros reclaman unha suba do prezo do leite

Continúan as protestas dos gandeiros do sector lácteo. Este mediodía manifestábanse os cántabros e os andaluces en exteriores de supermercados. Denuncian que o prezo ao que lles pagan o leite non chega para cubrir os custos de produción, disparados ademais pola suba das materias primas e da electricidade. Reclámanlle ao Goberno que revise os contratos de compravenda e que sancione as industrias que non cumpren.

Noticias web

02/08/2021