Gandeiros de Silleda denuncian a presenza dunha praga de xabarís que desfán leiras e colleitas
Publicado o 20/05/2021 14:36
Unha praga de xabarís está a dificultar e moito o traballo dos gandeiros na parroquia de Laro, en Silleda. Da noite para a mañá foron varias as leiras e as colleitas que sufriron os danos ocasionados por estes animais. A de Beatriz foi unha delas. Das 15 hectáreas de millo que sementaron, os xabarís arrasaron con 8.
O única solución que ven para acabar con esta situación é que se lles permita organizar esperas. Están desesperados e frustrados. Ademais do importante gasto económico que isto supón, o máis seguro é que se volven plantar, os xabarís regresen a desfacelo todo.
A presenza destes animais é cada vez maior nas zonas rurais, por iso os gandeiros reclaman un control da especie para evitar que acaben estragando todo o seu traballo.