CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Os gandeiros de Parada de Sil alertan dos danos que lles está a causar o xabaril

Publicado o 27/03/2018 14:20

Os gandeiros de Parada de Sil teñen que completarlle a dieta ás vacas con silo. Pero desta volta non é pola seca. É polos estragos que lles fan nos prados os xabaríns. Piden permiso para facer batidas, e poder facerlles fronte ás mandas de porcos bravos, que mesmo se achegan ás hortas das vivendas.








os gandeiros de Parada de Sil urxen unha solución aos problemas que ocasionan os xabarís en toda a contorna. As imaxes reflicten os estragos ocasionados en dous lameiros nos que debera pastar o gando. Os propietarios dos animais deben completarlles a dieta con silo. A orixe do problema, segundo os gandeiros, está nos incendios do pasado outubro que arrasaron os montes. Desde entón, e malia as batidas autorizadas, os xabarís estragan os campos polos que pasan.

Á desesperación dos gandeiros polo porco bravo debe engadirse tamén a presenza do lobo, que ocasiona tamén baixas no número de cabezas que pastorean. As mandas de xabarís son moi numerosas e achéganse mesmo ás hortas situadas nas proximidades das vivendas da contorna.

Autorizar novamente batidas por parte da Administración sería, segundos os gandeiros, a primeira das solucións para poder facerlles fronte. Axudaría a mitigar os danos que ocasiona o porco bravo aos gandeiros dos concellos da Ribeira Sacra.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí