CRTVG

Buscar

Os gandeiros calculan que ata principios de outubro estarán ensilando

Publicado o 13/09/2017 20:30

Os gandeiros calculan que ata principios de outubro estarán ensilando. Unha produción para as racións das vacas que se prevé que este ano sexa duns dous millóns de toneladas na nosa comunidade. Estes días as máquinas de ensilar non teñen parada e seguirán traballando a bo ritmo ata principios do mes que vén, cando remate a campaña do millo.Despois, un nutricionista calculará a ración de comida diaria por vaca, que adoita incluír 25 quilos de silo de millo e un composto de 11 quilos de silo de herba e 11 de penso. Este ano, a seca está na boca de todos os gandeiros. Aquí en Boqueixón facía once anos que non chovía tan pouco, pero semella que as boas leiras producen igual. Malia esta percepción, en Galicia calcúlase que a colleita será de 2 millóns de toneladas, un 20% menos ca o ano pasado.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017