Gandeiros bloquean o acceso á fabrica do grupo Santé para esixir o pagamento de 100.000 euros que lles deben
Publicado o 07/07/2021 14:30
Bloqueados esta mañá os accesos da fábrica que o grupo Santé ten en Outeiro de Rei. Unha acción de protesta convocada polo sindicato Unións Agrarias para reclamar o pagamento de máis de cen mil euros que a empresa lles debe a 11 gandeiros dende hai catro anos. Ademais denuncian a utilización do leite como producto reclamo en varias superficies comerciais deste grupo en que o venden a poucos céntimos máis ca o custo de producción.