CRTVG

Buscar

Os galegos subimos de peso na pandemia unha media de 4 quilos

Publicado o 04/03/2021 20:09

Trasladamos ás nosas casas e balcóns os aniversarios, as festas e os bailes, pero parece que foi máis complicado convertelos en ximnasios. O confinamento, a limitación da mobilidade e as preocupacións provocaron un incremento de peso na maior parte dos galegos

Porén o que para algúns se soluciona cun pequeno esforzo, en persoas obesas pode ter consecuencia graves. Os expertos din que a obesidade é a pandemia do seculo XXI e que veu para quedar. Neste Dia Mundial da Obesidade dannos as claves para loitar contra ela 

Educación, prevención ou detección precoz son outras das armas. Pero ningunha funcionará sen a nosa forza de vontade e concienciación social 

Noticias web

04/03/2021