CRTVG

Buscar

Os galegos somos os que máis valoramos a nosa televisión autonómica

Publicado o 13/03/2018 21:30

Os galegos son os que máis valoran a televisión autonómica. Esta canle, a Galega, é a que está máis en sintonía cos trazos culturais dos seus telespectadores e da súa comunidade autónoma.

Son datos do último estudo da Forta, a unión de canles autonómicas públicas de España, que di que o 90% dos galegos enquisados cre que esta casa, a TVG, contribúe á promoción da nosa identidade. Son oito puntos máis que as seguintes nesta serie, que son a catalá e a andaluza. Os madrileños son os que menos valoran a súa canle autonómica.

O mesmo estudo, que se presentou hoxe, tamén di que a Galega é a televisión que máis parte da súa audiencia ve como unha empresa moderna. Pénsano un 80% dos espectadores galegos enquisados. A enquisa tamén di que máis do 70 por cento dos españois considera que os medios públicos autonómicos son un servizo público necesario para a sociedade no seu conxunto. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018