CRTVG

Buscar

Os galegos reducimos o gasto en alimentación malia ao aumento dos prezos

Publicado o 01/03/2019 16:27

A calidade segue sendo o factor prioritario para os galegos á hora de facer a compra. Preferimos o comercio pequeno ás grandes superficies e valoramos cada vez máis o produto fresco. Estas son algunhas das conclusións dun estudo sobre hábitos alimentarios que acaba de facer a Unión de Consumidores de Galicia.

Partindo de que os salarios están un 5% por baixo dos de hai dez anos e os alimentos custan un 10% máis, a Unión de Consumidores de Galicia propúxose ver como repercutiu isto nos nosos hábitos de compra.

Pero iso non quita que a calidade e a frescura sigan sendo os factores prioritarios para os galegos á hora de encher o cesto. Cada vez imos menos ao hipermercado e máis ao supermercado e ás tendas especializadas e aumenta o interese polos produtos ecolóxicos ou con selos de calidade e denominación de orixe.



 

Noticias web

01/03/2019