CRTVG

Buscar

Os galegos reciclaron máis residuos lixeiros, papel e cartón durante o confinamento

Publicado o 28/05/2021 15:24

Os galegos reciclaron máis residuos lixeiros, cartón e papel durante este ano de pandemia e a Xunta proponse bonificar aqueles concellos máis comprometidos co medio ambiente. 

Así o asegurou hoxe a conselleira Ánxeles Vázquez, na presentación do balance de reciclaxe correspondente ao ano 2020. Vázquez salientou que o ano pasado se recolleron máis de 71.000 toneladas de residuos nos colectores amarelos e azuis, o que supón dous quilos máis por cada galego con respecto ao ano 2019.

Noticias web

28/05/2021