Os galegos poderán pedir o certificado do Sergas nos puntos de vacinación
Publicado o 20/05/2021 16:48
Galicia será das primeiras comunidades en facilitarlles aos seus cidadáns un certificado de vacinación. Dende hoxe ese documento poderá solicitarse nos mesmos lugares onde se reciben as doses.
O presidente da Xunta explicou que no caso de que os pacientes dean a autorización, os traballadores do Sergas tramitarán de oficio a alta na Chave 365 e no momento recibirá un sms cun código para descargar o documento.
Feijóo destaca que o Sergas se adianta así ao pasaporte anunciado pola Unión Europea para o mes de xuño, facilitando así a mobilidade segura e, polo tanto, engade, impulsando a recuperación económica.