CRTVG

Buscar

Os galegos, os que máis froita adquiren de España

Publicado o 03/07/2019 20:33
Os galegos, os que máis froita adquiren de España

Segundo un informe elaborado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Galicia é a comunidade que máis froita fresca consome. A laranxa segue a ser a froita máis consumida polos españois, cunha inxestión media de dezasete quilos por persoa. Seguido do plátano, que está a aumentar o seu consumo. Ademais, o prezo medio da froita fresca no 2018 aumentou nun 5 por cento en relación ao ano anterior.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019