CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Os galegos na Arxentina combaten a morriña cunha "Noite de Lúa e Gaitas"

Publicado o 02/04/2017 15:01

Os arxentinos gozaron esta fin de semana dunha auténtica noite de lúa e gaitas.
Un evento no que os galegos residentes na capital riopratense reivindicaron a súa galeguidade ao ritmo das nosas músicas e, por suposto, sen faltar un poco de gastronomía para combater a morriña.


Bos Aires vén de celebrar a súa oitava Noite de Lúa e Gaitas.
Unha iniciativa da asociación galega ABC do Partido de Corcubión coa que reivindican a galeguidade dos arxentinos.

Esta explosión de folclore galego en forma de foliada xa logrou consolidarse como un dos eventos máis importantes no calendario do colectivo galego da quinta provincia.


"Esta é unha festa que involucra ás segundas xeracións de galegos na Arxentina apoiados polos galegos que aínda están aquí dando pelexa porque cremos que é a cultura e a música galega o mellor xeito de que non morra a galeguidade aquí".

Música, danza e gastronomía galega nun marco incomparable, como son ás beiras do río da prata, que enchen de orgullo ós galegos e namora ós arxentinos.


"Con boa música, bo folclore galego feito por galegos nados aquí, e ben, gusta".

"El contexto en el cual está armado me gusta mucho".

"Fervientemente lo recomendaría porque el lugar es muy lindo, con lindos árboles, lindo paisaje, muy buena gente y encima con buenas bandas y baile. ¡Qué más se puede pedir!".

"Todos contentos, pásano ben e repiten".

Sen dúbida, a nosa cultura triunfa polo mundo.
E niso os galegos de Bos Aires teñen boa parte de culpa con ducias de institucións que, coma Corcubión, se encargan de esparexer as súas raíces galegas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí