CRTVG

Buscar

Os galegos gastamos ata 1.625 euros ao ano en facer a compra

Publicado o 25/06/2019 13:25

A cesta da compra, a exame, é o tema da xornada organizada pola Unión de Consumidores de Galicia esta mesma mañá. Unha das conclusións: os galegos reducimos o consumo de produtos preparados, xusto ao contrario que o resto do españois.

Compramos con máis frecuencia e cada vez máis en mercados, prazas e pequeno comercio. Consumimos, iso si, moitos lácteos e demasiada carne vermella.

Son datos da Unión de Consumidores de Galicia que contrastan, en parte, cos do Informe de Consumo Alimentario do Ministerio, que indica que os españois, en xeral, aumentamos o gusto polo produtos preparados, como as ensaladas deste tipo, que soben case un 57 por cento.

Canto ao gasto, tamén aparentes contradicións. O Ministerio sitúanos como a terceira comunidade que máis gasta, por detrás do País Vasco e Cataluña. Cada un de nós, 1.625 euros cada ano. E aínda así, a Unión de Consumidores de Galicia destaca que as familias galegas gastamos 19 euros menos ao mes ca antes da crise.

Entre os datos negativos, o pouco consumo de peixe entre as novas xeracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019