CRTVG

Buscar

Os galegos empregamos catro anos e oito meses de salario na compra da vivenda

Publicado o 11/02/2021 14:34

Máis dun 26 por cento. Iso é o que descendeu o esforzo salarial que debemos realizar os galegos para adquirir unha vivenda nova. Ou o que é o mesmo. Hai dez anos tiñamos que adicar o equivalente a seis anos e medio do noso soldo para poder pagala e hoxe tan so 4 anos e 8 meses. Os expertos apuntan varias causas.

Na rúa moitas opinións coinciden cos datos que amosa este estudio do portal inmobiliario Idealista.

Situación totalmente distinta en lugares como as Baleares, onde empregan de media ata doce anos de salario.

E se miramos por capitais, Lugo é das máis accesibles de España. Necesítanse tan só 3 anos e medio para mercar vivenda. En Pontevedra, 4 anos e medio; en Ourense, 4 anos e 8 meses, e na Coruña atopamos o maior esforzo salarial de Galicia, con cinco anos.

Cifras todas elas moi afastadas dos once anos e tres meses que precisan en San Sebastián.

Noticias web

11/02/2021