CRTVG

Buscar

Os galegos destinan case o 25% do seu soldo a pagar o algueiro da vivenda

Publicado o 19/06/2019 22:00

Os galegos destinan case o 25 por cento do seu soldo a pagar o algueiro da vivenda. Trátase dun 0,6% por máis con respecto a hai un ano. Aínda así, Galicia sitúase por baixo da media nacional e é das comunidades cuns alugueiros máis económicos.

Son datos que se desprenden dun estudo elaborado por varios portais inmobiliarios. Con respecto á compra de vivendas, o informe sinala que os prezos en Galicia subiron arredor dun 2% no último ano. O prezo medio do metro cadrado sitúase nos 1.600 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019