CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Os galegos de Bos Aires tamén celebran a procesión da Virxe do Carme

Publicado o 17/07/2016 13:08

A pesar dos 10.000 quilómetros de distancia que a separan, a colectividade galega de Bos Aires tamén sacou a virxe do Carme en procesión no seu día grande.
Neste caso, cun paseo náutico polas augas do Río da Prata que emocionou os galegos e espertou a curiosidade de locais e turistas.



Non importou o frío polar desta fin de semana en Bos Aires, os galegos devotos da virxe do Carme non quixeron faltar á tradición das súas vilas mariñeiras de orixe e sacaron a figura en procesión polo Río da Prata.

Cinco embarcacións foron as encargadas de navegar estas augas color de león.
Unha iniciativa da Asociación Fillos de Zas de Bos Aires.

"Cando a virxe parte, todo o mundo saúda con panos. É como moi emocionante".

"Aínda que a auga non é a máis cristalina, como o é en Galicia, verdade? O que interesa aquí é o símbolo que lle dá e o significado que ten para nós, os galegos e fillos de galegos".

"Ademais do relixioso e cultural, é algo moi fermoso de ver".
Numerosas agrupacións folclóricas galegas da capital riopratense escoltaron coa súa música á patroa dos mariñeiros.


Rematada a procesión, a festa continúa neste emblemático barrio da Boca a ritmo de gaitas e pandeiretas. E por suposto, coa gastronomía típica da nosa comunidade, de Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

17/07/2016